Co inicio do ano 2026 arrincaba tamén a liga de orientación a pé. Facíao na localidade coruñesa de Betanzos ata onde se desprazaba a nova promesa do club valdeorrés Our-O, Brais R.C. que lograba o primeiro posto na categoría masculina de menores de 14 anos (M-14), “ratificando o bo momento que está a demostrar”, din dende o club, lembrando que xa lograra o primeiro posto na liga sprint 2025 e o terceiro posto na liga de o-pé en bosque, ambos na categoría M-14.
A liga de orientación retomará o seu calendario o 28 de febreiro en Abadín (Lugo). A nivel local, o club Our-O faráo o 7 de febreiro na Rúa coa liga escolar valdeorresa de orientación, cita que se desenvolverá no pavillón municipal, no Aguillón, e que tamén estará aberta á probación en xeral que queira probar as súas habilidades con e sen luz dentro do pavillón.
Fotos cedidas.