Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Breogán López, de Petín, completa os 101K do HOKA UTMB Mont-Blanc 2024

 

Como un auténtico “carneiro”, equipo ao que pertence, o valdeorrés Breogán López Baptista de Petín (Club Peña Trevinca Barco) completaba na madrugada deste sábado 31 de agosto os 101K do HOKA UTMB Mont-Blanc 2024 en Suíza.

 

 

Saía ás 9 da mañá dende Courmayeur e logo de percorrer o monte, pasando por localidades como Grand Col Ferret, La Fouly, Trient ou La Fléèere, chegaba a Chamonix ás 4:16 horas, completando o duro e espectacular trail nun tempo de 19:15:57 horas. A carreira pudo seguirse a través da páxina web da propia competición.

 

 

Breogán xa está afeito a este tipo de probas. Neste mesmo ano participaba no Quiroga Trail Challenge – TRAIL DO CASTELO 2024 – Ultra 90k, proba que xa correra o ano pasado; e no 2022 corría a Transvulcania La Palma Island by UTMB 2022 – Ultramaratón e o GPM A RÚA 2022 – GPM MARATÓN 2022, entre outras moitas.

 

 

Back to top button