
Con moi bo sabor de boca volvían de Jaen os membros do KC River Stone do Barco de Valdeorras que participaban no campionato de España Cadete/ Júnior/ Sub21 de karate celebrado a pasada fin de semana en Xaén.

Diego Prada da Rúa e Brian Rodríguez do Barco formaban equipo con Jacobo Casado (Karate Club Maceda) logrando un meritorio quinto posto. “É toda unha fazaña”, din dende o club valdeorrés destacando que quedaron ás portas do podio xa que en karate non hai cuarto posto (son dous terceiros e dous quintos).
Jacobo pola súa banda proclamábase campión de España en competición individual de kumite, logrando o ouro en +70kg.

Fotos cedidas.