
No marco desta intensa fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras había tamén rutas pola alta montaña valdeoresa. Así, a empresa de servizos Rutas Xanzá propoñía unha marcha de ida e volta de casi catorce quilómetros e medio.
Saíase dende O Barco de Valdeorras en 4×4 para chegar á base do Pico Maluro, e, unha vez alí, deixábase o vehículo para iniciar a ruta a pé. Facíase cume en Pena Trevinca (2.127 m), o teito galego, e brindábase con viño Godello.
Fotos cedidas.
