CulturaCulturaÚltima hora

Búscase “personaxe terrorífico” para o Samaín da Rúa Vella

Un dos personaxes terroríficos do Samaín na Rúa Vella o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Samaín organizado pola Asociación Sabugueiro da Rúa Vella é todo un referente nestas datas, tanto para nenos como para maiores que participan, estando prevista a edición deste ano para o sábado 1 de novembro.

E para que cada vez saia mellor e sexa máis especial dende a organización buscan xente que forme parte do espectáculo como “personaxe terrorífico” durante o percorrido (maior de 18 anos que asusten aos participantes e dificulten o seu progreso) contactando coa asociación no Colmado ou a través do 699 44 44 62 24. A data límite será o 27 de outubro.

 

Back to top button