Pouco antes das 20h. deste domingo 15 de novembro, producíase un accidente de tráfico na rúa Mariñán do Barco, xunto ao estadio de Calabagueiros. Un vehículo que circulaba polo paso que hai sobre o arroio caía ao cauce do mesmo.
Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Policía Local, así como o GES Valdeorras. Tamén se daba aviso aos bombeiros do parque comarcal e a Protección Civil do Barco, cuxa intervención finalmente non foi necesaria. Cando chegaba ao lugar a Policía Local comprobaba que a porta estaba aberta e non había ninguén no vehículo.
Dase a circunstancia de que hai apenas catro días, o 11 de novembro, tiña lugar un accidente similar nese mesmo punto.

Fotos: O SIL.