
O Concello do Barco vén de informar da cancelación das dúas actuacións do VI Ciclo Terrasón previstas para esta semana. Trátase dos concertos de The Black Wing+Seika, programado para o 22 de agosto na rúa Lauro Olmo, e do de Sr. Jingles, previsto par ao 24 de agosto ás 13h. nas pistas do Malecón.
Por outra banda, o Concello tamén anuncia que se cancela a sesión de cine ao aire libre desta semana.