CulturaCulturaÚltima hora

Cancelado o espectáculo das Xornadas de Folclore desta noite en Manzaneda polos incendios

Imaxe das Xornadas de Folclore desta edición.

 

No contexto da situación actual de emerxencia en Manzaneda polos incendios forestais, dende a Deputación de Ourense vén de comunicarse a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Manzaneda nas Xornadas de Folclore.

O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense a esta hora da mañá, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

 

Back to top button