CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cancelado o espectáculo das Xornadas de Folclore previsto para hoxe en Verín polos lumes

Foto cedida.

 

Dende a Deputación de Ourense vén de informarse da suspensión do espectáculo das Xornadas de Folclore que estaba previsto para esta noite na vila de Verín. “No contexto da situación actual de emerxencia en Verín polos incendios forestais, e en coordinación co Concello, decidiuse a cancelación do espectáculo previsto para hoxe neste municipio, no marco das Xornadas de Folclore”, indican dende a organización.

Así mesmo, o resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia, como é o caso da do Barco, mantense a esta hora da mañá, “pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas”.

Back to top button