CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cancélanse o Día da Bici, as Xornadas de Folclore e o concerto de Fabio Álvarez en Trives

Exterior do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives cancela o Día da Bici, previsto para este domingo, e o concerto das Xornadas de Folclore, previsto para o luns 18, ante a vaga de lumes que se vive desde hai días na comarca e no resto da provincia. A alcaldesa, Patricia Domínguez, dá conta da situación de “emerxencia” e pide comprensión nestes momentos. “Parécenos o máis adecuado dada a situación que temos actualmente”, explica.

O Concello lamenta os prexuízos que as cancelacións poidan supoñer á poboación, pero recorda a grave emerxencia que se está a vivir desde hai días na contorna a causa dos incendios.

Ademais, queda cancelado o concerto do pianista trivés Fabio Álvarez, previsto para o 16 de agosto.

Back to top button