
Un ano máis a Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo organiza o seu Festival Santa Cecilia para o sábado 21 de novembro na Casa da Cultura.
Será unha tarde diferente, chea de música coa Coral, a Escola de Música Candea e a Asociación Cultural Abertal da Rúa coa actuación do grupo de gaitas, das pandereteiras e tamén dun grupo de baile.
O festival comezaá ás 18 horas e despois haberá unha cea de confraternidade. Conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo e do Banco Santander.
