CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Cándido Gómez e José Antonio Rodríguez deixan o CD Barco

 

Menos dun mes e medio da súa chegada a Valdeorras, o adestrador Cándido Gómez e o director deportivo José Antonio Rodríguez, deixan o CD Barco. Así o anunciaba mediante un comunicado a directiva do club barquense na mañá deste martes 11 de abril.

A xjunta directiva reuníase co adestrador e co director deportivo para tomar a decisión da “non continuidade de ambos no equipo”, reza o comunicado, asegurando que eles leamos tomaban a decisión de “facerse a un lado polo ben do equipo e manter a esperanza de, malia a situación actual, facer as cousas ben e seguir crendo nese mínimo raio de luz”.

Dende o club desexan a Cándido “a mellor das sortes” e agradécenlle o traballo realizado co equipo. A José Antonio, danlle as grazas por ter desenvolvió “dun xeito tan impecable a difícil tarefa de director deportivo e por ter demostrado unha calidade humana abrumadora”. De feito querían terlle proposto dirixir a área deportiva no próximo curso “pero a súa situación laboral non o permitía”, aseguran.

Foto: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button