ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Canto das coplas nos Maios do Barco

 

A partir das 13:30h. comezaba a interpretación das coplas nesta Festa dos Maios do Barco. Os primeiros en actuar eran os alumnos do CEIP Condesa Fenosa, despois viñan os do CEIP Julio Gurriarán, os do Colexio Divina Pastora e, finalmente, os do CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

Nas súas coplas non faltaban ás referencias a esta festa tradicional, con alusións tamén ao poeta valdeorrés ao que este ano se lle adican as Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, así como a sucesos locais e outros internacionai como a guerra en Ucraína.

A celebración dos Maios continuará pola tarde cunha actuación de maxia e coa entrega de premios do concurso de Maios e coplas.

Fotos: A.R., agás as dúas últimas que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button