ConcellosQuirogaÚltima hora

Cantos de taberna en Quiroga, neste sábado

Os Parrandas nunha actuación de cantos de taberna./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os VIII Cantos de Taberna celébrase mañá sábado 15 de marzo con nove grupos inscritos e nove establecementos participantes. Os grupos que chegarán dende diversos puntos da comunidade son: Son do Mao, Nubeiro Son Galego, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló. E os establecementos participantes son Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o bar Lago.

As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago. A actuación en cada establecemento roldará a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.

A organización entregará unha cantidade económica a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, aos establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Artigos relacionados

Back to top button