OurenseÚltima hora

Cáritas Diocesana de Astorga recibe 1.105 euros en doazóns para axudar aos afectados polos arrastres en Viana do Bolo

Imaxe dos danos causados polos arrastres na Bouza (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con motivo das fortes tormentas sufridas a mediados de xuño no municipio de Viana do Bolo, en Cáritas Diocesana de Astorga abríase unha emerxencia para axudar ás familias afectadas, especialmente nas localidades da Bouza, Pradocabalos e Pixeiros.

“Nestas poboacións moitas familias sufriron as consecuencias do lodo e arrastres, que a algunhas as deixounas incomunicadas por algúns días, ademais de destruír servizos básicos das súas vivendas. Durante este tempo recibimos varias doazóns económicas, cuxa suma total é de 1.105 euros. Este diñeiro destinarémolo a cubrir bens de primeira necesidade nas poboacións sinaladas”, tal e como explican dende Cáritas Diocesana de Astorga, que ademais, agradece as achegas “das persoas que contribuíron coas súas doazóns para que poidamos paliar a situación. E con esta acción damos por pechada esta emerxencia”.

Back to top button