OurenseÚltima hora

Case 400 atletas no campionato galego absoluto que se celebrará en Expourense na vindeira fin de semana

 

Expourense era escenario hoxe da presentación oficial do Campionato Xunta de Galicia absoluto e de combinadas de pista curta, que se celebrará durante toda a fin de semana no recinto feiral ourensán, cun programa dividido en tres sesións.

No acto participaban Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; Rogelio Martínez, director-xerente de Expourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Aníbal Pereira, tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Ourense; Enrique Álvarez, Asesor Deportes da Deputación de Ourense e Eladio Gómez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.

Durante a presentación, destacouse o importante crecemento experimentado polo atletismo galego e local desde a inauguración da instalación atlética hai nove anos. Neste tempo, Expourense converteuse nun referente estatal e internacional, acollendo practicamente todos os campionatos galegos indoor, varios Campionatos de España e diversas competicións de rango internacional. Ademais, no recinto rexistráronse varios récords de España, máis dun cento de marcas galegas e mesmo un récord mundial, consolidando Ourense como cidade preferente para grandes eventos atléticos.

Preto de 400 atletas e probas moi abertas

Xa dentro da análise do campionato, a edición deste sábado contará coa participación de arredor de catrocentos atletas, que competirán polas medallas autonómicas e tamén polas marcas mínimas de acceso aos Campionatos de España. A pesar dalgunhas ausencias destacadas, agárdase un ambiente competitivo moi intenso e probas especialmente abertas.

Nos 60 metros, Antón Rivero e Cristina Garrido parten como principais aspirantes ao título. Nos 200 metros, Eloy García do Marineda At. é o único atleta masculino que baixou dos 22 segundos esta tempada, mentres que Lucas Vázquez do At. Barbanza destaca nos 400 m tras rachar a barreira dos 49 segundos.
En categoría feminina, espérase un emocionante duelo nos 200 metros entre a líder do ano, Inés Oitaven, e Andrea Pais, que reaparece en Expourense.

Nos 800 metros, ante as ausencias de Adrián Ben, Pedro Osorio e Celia Castro, tomarán protagonismo Anxo Lado do Atl. Narón e Irma Veiguela do Sanysec-Ourense, ambos coas mellores marcas do ano.

Back to top button