Unhas 250 persoas reuníanse na tardiña do 16 de novembro para participar no “Magosto do Concello 2024” de Castro Caldelas. Os asistentes degustaban empanada, orella, churrasco de tenreira, costela, chourizo e panceta, ademais de bica manteigada, castañas, viño, café e chupitos.
No remate da parte gastronómica había barra libre, música e baile da man do Trío Marfil, así como o sorteo de 30 regalos (entre eles botellas de viño, doces, libros, música…) doados polos etablecementos da vila e polo Concello.
Fotos e vídeo cedidos.
