ConcellosÚltima horaVídeos

Castro Caldelas vístese de festa para honrar á Virxe dos Remedios

 

O Irrio Peliqueiro e os Cabezudos volvían percorrer as rúas de Castro Caldelas na mañá deste luns 8 de setembro, un dos días grandes das festas na honra da Virxe dos Remedios.

 

 

A xornada comezaba cun pasarrúas da Banda de Vilanova dos Infantes e dos Airiños de Caldelas chegando ás 12:30 horas cunha concorrida misa na igrexa parroquial. Deseguido, comezaba a procesión coa imaxe da Virxe e o acompañamento musical, guiada polo propio Irrio, personaxe que encarna en si mesmo “toda a tradición destas festas, como o elemento máis característico do folclore de Caldelas. A persoa que o encarna, sempre con identidade oculta por unha barbada máscara de madeira e vestido cun frac, no que resaltan os grandes botóns, vai provisto dunha vara coa que persigue e golpea a xente, o cual está entre os seus curiosos dereitos”, tal e como se destaca dende o Concello. Un ritual que repite cada ano trala procesión.

 

 

O programa festivo, que se iniciaba xa o 6 de setembro coa Noite das Bandeiras, continuará esta tarde cun cocnerto da banda e xa pola tarde con festa e verbena a cargo da orquestra Trébol.

 

 

Mañá será a quenda da charanga El Tattoo con pasarrúas e concerto e da orquestra Metrópolis que amenizará o baile e sesión de tarde e verbena.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button