EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Cata da D.O. Valdeorras na apertura dunha mostra de botellas antigas de viño, no Barco

Poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xaneiro na Tapería Agarimo

 

Esta tarde de 9 de xaneiro inaugurábase unha exposición de “Botellas de viño antigas de Valdeorras” na Tapería Agarimo, na zona vella do Barco. O acto abríase cunha intervención de Aurelio Blanco Trincado, que participaba na preparación da mostra, e no seu decurso rendíaselle unha pequena homenaxe á persoa que creaba este establecemento de hostalaría décadas atrás, Pepe.

 

 

Despois interviña o director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira, quen abordaba a traxectoria, o momento actual e o potencial desta zona vitivinícola, berce da variedade godello. A continuación, Mazaira dirixía unha cata comentada de viños brancos e tintos xenéricos de Valdeorras, que e maridaba no caso dos brancos con mexillóns ao vapor e, no dos tintos, con carrilleira en salsa.

 

 

Esta exposición poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xaneiro.

 

 

Fotos e Vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button