Entre as actividades incluídas no programa do Mercado de Nadal do Barco, que se desenvolve nesta fin de semana na praza do Concello da vila, incluíase unha “Cata de Nadal”, dirixida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández.
Esta actividade, con prazas limitadas e inscrición previa de 5 euros, comezaba ás 12h. e tiña lugar na Sala de exposicións de Abanca, na praza do Príncipe. A cata contaba coa participación de 26 persoas incluía a degustación de produtos do mercado, maridados con viños de Valdeorras e de norte de Portugal, mosto e licores.
Fotos e vídeo: O SIL.

