Entre as diversas propostas gastronómicas programadas nesta edición do Lázaro en Verín, figuran unha serie de catas-maridaxe de viños da D.O. Monterrei con showcooking a cargo de Miguel López, director técnico do consello regulador desta denominación, e da cociñeira Begoña Vázquez.
O seu marco é a Feira de Artesanía e Gastronomía, no pavillón polideportivo, e comezaban na mañá deste sábado ás 12:45 h e ás 19:00 h. está prevista a seguinte. A derradeira terá lugar o domingo ás 12:45 h).
Esta proposta tivo unha gran acollida, tal e como destaca o concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude, Manuel Lorenzo. “Cada unha leva 25 persoas inscritas que pagan un prezo de 10 euros por inscrición e están completas, nada máis abrir a inscrición xa se cubriron enseguida as prazas”, comenta.

O mesmo acontecía coa cata de queixos de cabra confitados da Queixería Gaia (sábado e domingo ás 12:00 h).
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.