
Continúan as actividades enmarcadas na celebración do décimo aniversario do SilFest Valdeorras que se celebrará a comezos de xullo.
A primeira, San Xoan SilFest, será este mesmo martes 23 de xuño celebrando a noite máis máxica do ano no paseo do Malecón cos artistas locais El Patio de Leni e Repunante Dj.
E a segunda, As Notas de Blare, será o xoves día 25 ás 20h. na Adega Blare de Vilanova (O Barco de Valdeorras) onde terá lugar unha cata musical que tanto gustan á organización do festival, contando nesta ocasión, con dúas artistas locais: a enóloga Cecilia Fernández e a cantante membro de AMAVA Nerea Jiménez,
A inscrición é gratuita e as prazas están a punto de esgotarse.

