EconomíaEconomíaÚltima hora

Catas e demostracións de cociña, entre as saborosas propostas da Mostra do Aceite de Quiroga

 

De forma moi diferente podía probarse e desfrutarse dos aceites quirogueses nesta fin de semana. Algunhas das propostas incluídas a XXVI Mostra do Aceite de Quiroga eran as degustacións comentadas que a partir do mediodía (a última tiña lugar ás 16:30h.)se desenvolvían na sala de catas do Museo Etnográfico da vila, cunha gran acollida.

 

 

Ademais contra as 14h. tiña lugar unha demostración de cociña cos aceites de Quiroga como protagonistas da man do chef Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau do Grove, con 2 Estrelas Michelin, que ademais nesta edición da mostra era nomeado “Embaixador do Aceite de Quiroga”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Back to top button