
O sábado 8 de novembro celebrarase no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o Festival de Outono Coral. Será ás 20 hora e contará con catro coros: Ludus Tonalis da Coruña, Orfeón Trivés, Capilla de la Divina Comedia de Bembibre e o Orfeón Valdeorrés.
É o primeiro concerto que o Orfeón Valdeorras ten previsto para os vindeiros meses para os que levan tempo preparándose. O seguinte será o domingo día 9 de novembro na misa en Villafranca del Bierzo “anticipando a celebración de Santa Cecilia”, explica a presidenta Rose Deus.
E xa o 20 de decembro tamén no Teatro Lauro Olmo ás 20 horas “esperamos que moita xente asista ao Concerto de Panxoliñas, que vimos celebrando todos os anos”, di Rose, convidando á poboación a “desfrutar da maxia da música interpretada polas distintas corais que nos visitan e a participar con nós do preludio das festas de outono e de Nada”.
