DeportesÚltima hora

Catro metais para o Adas Cupa do Barco no galego Sub18

Sergio Fernández, do Club Adas, competindo en peso nunha proba anterior.

 

A representación do Club Adas Cupa do Barco sumaba ata catro metais no Campionato galego Sub18 que se desenvolvía na pasada fin de semana no estadio de Balaídos en Vigo. Sergio Fernández conquista dúas medallas, unha prata no peso (5 kg) e outra no disco (1,5 kg); mentres que Pablo García convertíase tamén en subcampión galego nos 110 valos e Xoana Méndez quedaba terceira nos 5.000 marcha.

Back to top button