Despois de tres décadas exercendo a súa profesión como cirurxián nos Hospital Comarcal de Valdeorras o doutor Roberto Gayoso García, natural da Coruña, vén de xubilarse. Con este motivo tiña lugar unha cea de despedida o pasado 30 de maio no Pazo do Castro (O Barco), na que participaban medio cento de persoas.

O doutor Gayoso, que fixo a súa especialidade no CHUAC, é ademais o ciruxián que máis anos continuados leva traballando no hospital valdeorrés, en concreto dende o ano 1992.
Fotos cedidas.

