
Os xardíns do Pazo do Castro (O Barco) acollerán unha cea-festa con Maridaxe de Viños de dúas adegas valdeorresas (Roandi e Virgen del Galir de Éntoma) o sábado 12 de xullo ás 22:00 horas. Por un prezo de 38 €, os asistentes gozarán dunha cea tipo cóctel con varios “corners” de comida, unha barra de viños e o directo de Mario Coleman & The Clocks Band, que animará a velada con versións e clásicos do rock e pop.
A cea servirase en formato cóctel, con distintos postos para que os comensais poidan moverse libremente e probar distintas elaboracións:
• Empanadas caseiras: de bonito e carne con acelgas
• Lousas de embutidos do Bierzo: chourizo, salchichón e chacina
• Mini hamburguesas: de pito crujiente e smash de vaca con chips
• Bocatines e sandwiches: de pulled pork en pan brioche e pan bao con lagostinos
• Sobremesas: lingotes de brownie e espetadas de froita fresca

Todo iso acompañado polos viños de Adegas Roandi e Virxe do Galir, que contarán cunha barra onde se poderán degustar as súas referencias máis representativas. Están incluídos o viño e a auga no prezo. As copas, cervexas e outras bebidas serviranse aparte.
O evento conta coa colaboración da Ruta do Viño de Valdeorras e a asociación AMAVA, e busca poñer en valor e dar a coñecer os produtos locais.
Reservas e máis información:
📞 988 347 423 / 650 492 654
📍 Lugar: Xardíns do Pazo do Castro, Valdeorras
💶 Prezo: 38 € (inclúe cea, concerto, viño e augas)
Con prazas limitadas, recoméndase reservar con antelación.