Totalmente sorprendida ficaba a directora do CEIP Julio Gurriarán do Barco, Mari Luz Moldes, na noite do 24 de xuño. Non esperaba que ao chegar, cunha serie de escusas, ata o Restaurante Casa Lameiro houbese unha cea organizada, en secreto, polos seus compañeiros con motivo da súa xubilación.

Ademais era agasallada con flores e cunha camiseta, que aludía en clave de humor á nova etapa que vai comezar agora, por parte dos participantes nesta homenaxe.
Fotos: Carlos G. Hervella.
