OurenseÚltima hora

Celanova acolle ata o 25 de maio unha exposición sobre as campañas antárticas

 

A Sala dos Arcos de Celanova acolle este mes de maio a exposición En Defensa de la Antártida. Unha mostra polo Ministerio de Defensa que pretende achegar o importante traballo científico de España na Antártida dentro da Campaña Antártica Española, que se leva celebrando cada verán austral sen interrupción desde 1987-1988.

O subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Peñas-Preckler, e o alcalde de Celanova, Antonio Puga Rodríguez, presidiron onte a inauguración. No transcurso da mesma, os asistentes tiveron a oportunidade de desfrutar dunha visita guiada da man do Coronel Peñas, que participou en varias campañas na base Gabriel de Castilla.

A exposición está composta por imaxes das distintas campañas antárticas. Ao longo da mesma, o visitante pode ver onde está a Antártida, como é a súa natureza e o seu medio ambiente, cal é a súa historia e que fan alí as Forzas Armadas, xunto con todos os demais que participan nesta misión.

A mostra estará aberta ata o 25 de maio. O horario de visita é de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Os sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Fotos cedidas.

Back to top button