Neste domingo 21 de setembro, A Pobra de Trives pon o broche ao verán. A pasada fin de semana celebra por todo o alto as Festas na honra ao Santo Cristo da Misericordia e neste era a quenda da Dolorosa.
O sábado había pasarrúas e concerto da charanga TDB e baile con La Ocaband e hoxe, a última xornada festiva, adicada á Virxe comezaba cun pasarrúas da Banda Lopo Lías de Boborás. A mesma que amenizaba a misa e posterior procesión polas rúas da vila.
A banda dará tamén un concerto ás 18 hora e xa pola noitiña, cara as 20:30 horas subirase ao escenario na rúa San Martín, a orquestra Salsanera, encargada de poñer o broche musical a dous días de festas.
Vídeo cedido.