Esta mañá tiña lugar o acto de celebración do Día da Patroa de Institucións Penitenciarias Nosa Señora da Merced no Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, xunto ao director do centro, Francisco González, e contaba coa presenza de numerosas autoridades.
O director do centro daba a benvida aos asistentes, “grazas por acompañarnos e compartir este día tan especial xunto a todo o persoal penitenciarioasí como cos nosos internos e as nosas internas”, lanzando tamén unha mensaxe de solidariedade e apoio aos afectados polos recentes lumes que asolaban a provincia, “quero facerlles chegar en nome do Centro Penitencario unha aperta sinceira e chea de agarimo”.
A continuación Francisco González referíase ao labor do centro. “No noso Centro Penitenciario de Pereiro cada día traballamos con dedicación e compromiso pola reeducación e reinserción social dos nosos internos eas nosas internas. O obxectivo non é só cumprir unha función, senón acompañalos e darlles oportunidades para crecer, reintegrarse á sociedade como persoas responsables e superar as súas adicións. Cremos na responsabilidade de que todos e todas poidan reconstruír o seu camiño”.
Ademais poñía en valor o labor do persoal deste centro, “que fai posible este obxectivo” e demostra a diario “responsabilidadee entrega. Moitas veces enfrontándose a situacións difíciles con profesionalidade e humanidade. Grazas a eles o noso centro segue sendo un referente na transformación e reinserción das persoas privadas de liberdade”.
Entre outras cuestións, o director destacaba “os programas específicos de tratamento, son fundamentais no noso centro, xa que non só abordan condutas e problemáticas senón que tamén ofrecen ferramentas para o crecemento persoal e a reinserción social das internas e internos”. Ademais, facía unha especial referencia a dous: o Programa de Xustiza Restaurativa, que é un programa de responsabilización e reparación do dano; e ao de Terapia asistida con animais (TACA).
Non faltaba tampouco no seu discurso unha referencia ás obras que se están a realizar no centro, así como un amplo capítulo de agradecementos, con alusións ás entidades sociais colaboradoras, voluntarios e voluntarias, aos mestres do centro, ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e á Xudicatura, Fiscalía e letrados da administración de xustiza.
No acto tamén interviña o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, que enxalzou e agradeceu “o labor pedagóxico, silencioso, constante e de responsabilidade” dos traballadores e traballadoras do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar. E destacou que o 80% dos internos deste Centro Penitenciario non reinciden, “o que fala ben da excelencia do Pereiro de Aguiar”. “E así o recoñece o Goberno de España que inviste máis de 6 millóns de euros nas obras de reforma que se están a levar a cabo para reformar o edificio para fortalecer a súa estrutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”.
No seu discurso, o subdelegado erixiu ao sistema penitenciario español como unha referencia internacional “non só polo seu nivel de seguridade e organización, senón, sobre todo, polo seu compromiso coa reinserción social”. “Ese é o verdadeiro corazón da nosa política penitenciaria: entender que a prisión como unha etapa que debe abrir a porta á rehabilitación e nunca como un fin en si mesmo”, reivindicou.
Aínda así, Santos instou a “non conformarse” e seguir mellorando no camiño da reinserción e a adaptación ás novas realidades. Un dos retos permanentes, engadiu, é a igualdade plena entre homes e mulleres. “Debemos garantir condicións equitativas e oportunidades reais entre as persoas internas”, instou o subdelegado, quen felicitou ao Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar por ter inaugurado este ano un punto violeta para previr a violencia sobre as mulleres, con persoal formado.

Recoñecementos
No decurso do acto tamén se entregaban unha serie de recoñecementos. Comezábase polos diplomas a internos/as deste Centro Penitenciario que destacaron neste útlimo ano polo esforzo, traballo e dedicación nas siguientes áreas: Evolución Terapéutica: Yermin, Evolución Educativa: Adrián, Evolución personal: Aitana, Deportividade: Alberto e Rendemento Laboral: Emilio.
Ademais, a Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias outorga mención honorífica, “por cumprimento satisfactorio e responsable das tarefas asinadas e acreditadas na traxectoria profesional o longo de 25 anos de servizo”, os seguintes funcionarios: Víctor, Camilo, José Ramón e Joaquin.
Por outra banda, o Consello de Dirección do centro penitenciario tamén concedía un recoñecemento para as seguintes persoas e entidades:
- Departamento de Traballo Social CHUOU. D. Francisco Javier Gomez Coello. Xefe de Servicio.
- Pastoral Penitenciaria. D. Gregorio Iglesias Canedo. D. Rafael Fernández Alonso. D. Antonio Iglesias Mira.
- CONCAES. Dª Xoana Pérez Oliveira y Dª Olaia Alvarez Cachero.
- Equipo EPYCO. Benito. Sira. Mar, Eva, Jesús, Elena, Francisco, Antonio, Elena, Mercedes, Óscar, Tito e Laura.
Finalmente a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, concedeu as seguintes medallas penitenciarias:
Medalla de bronce ó Mérito Social Penitenciario
Área social do Clube Ourense de baloncesto(COB)
- Gonzalo Iglesias Rodríguez
- Alejandro Benavides Alvarez.
Medalla de bronce o Mérito Social Pentienciario
Letrada JVP (Xulgado Vixiancia Penitenciaria) nº 3 de Lugo Dona Ana Cajoto Verdeal
Medalla de plata a título póstumo ao mérito penitenciario
- Funcionario Vixiancia, Don Faustino Fontela Fernández
- Funcionario Coordinador de servicio interior, Don Tomás García Ramos
Fotos e vídeo: cedidos.