CulturaCulturaÚltima hora

Celebración do Día do Tecer Público, entre fíos e á beira do Sil, no Barco

 

Entre fíos e novelas, compartindo traballos, aprendizaxes, técnicas e coñecementos, pero tamén historias, un grupo de mulleres celebraba esta tarde de 13 de xuño, á beira do río Sil, o Día Internacional do  Tecer Público no Barco.

A iniciativa estaba promovida pola tenda “Lo de María” e xuntaba a tecedoras de diferentes idades e técnicas, algunhas de Valdeorras e outras chegadas dende Viana do Bolo.

 

 

Este acto, que contaba co apoio do Concello, tiña lugar a partir das 18h. na praia fluvial do Malecón e era de carácter gratuíto e aberto ao público.

Fotos: A.R.

 

Back to top button