
Cada punta conta unha historia. Tecer xeracións crea amizades e transforma un simple fío en algo único. Son algunhas das mensaxes que pretenden trasladarse á sociedade coa celebración no Barco do Día Internacional do Tecer Público, o vindeiro 13 de xuño, unha iniciativa lanzada pola mercería Lo de María, situada na rúa Doutor Pérez Lista da vila.
Este acto, que conta co apoio do Concello, terá lugar a partir das 18h. na praia fluvial do Malecón e será de carácter gratuíta e aberta ao público.

