Dezaseis anos facía que España non pasaba a semifinais no mundial de fútbol. Un fito que volvía lograr na noite do venres 10 de xullo ao vencer 2-1 a Bélxica.
Foi un partido de vertixe, empatado case ata o final que seguían animados os afeccionados. Moitos facíano na rúa Doutor Vila, na Rúa, nas diferentes pantallas instaladas polos locais de hostalaría, xusto antes de comear a cea popular do CarnaVrao que volveu xuntar a centos de persoas ao redor da mesa.
A organización anunciara que a cea serviríase ao rematar o partido, co cal a emoción e nervios eran maiores pensando nunha posible prorroga e tanda de penaltis. Pero finalmente Merino marcaba para España no minuto 88 facendo brincar aos asistentes, celebrando esta gran vitoria antes de cear.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
