Aínda que tamén dá algún que outro disgusto, a natureza agocha verdadeiras xoias e de cando en vez concede fermosas sorpresas.
Sorpresa como o niño co que se atopaba un veciño de Fontei (A Rúa) na mañá deste caluroso venres de xuño mentres estaba na viña. “Unha maravilla da vida animal”, di, amosando os catro ovos de paxaro no niño, agochado á sombra entre as ramas.
