Hoxe foi un día especial no CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras que contaba coa presenza dos membros do Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives que tanto traballaron este verán por mor dos graves incendios forestais que arrasaron a provincia de Ourense.
En pleno outono, pasada a tempada de máxima actividade no monte, están facendo unha rolda de visitas aos colexios da zona. Algúns achegábanse ata a base do helicóptero pero por cuestións de tempo e loxística, na mañá deste martes 21 de outubro acercábanse eles ata este centro escolar do Barco para explicarlles aos cativos o funcionamento do operativo de extinción de incendios forestais, “que entendan a complexidade dos lumes que hai na actualidade e que asistan a unha dempostración de como funcionan os equipos de extinción que empregan (ferramentas, motobombas e demáis vehículos, medios aéreos,…)”, explican dende o distrito.


De feito a actividade, para o alumnado de 4º e 5º de Primaria consistiu nunha charla lo Salón de Actos e unha exhibición no patio; e xa para todo o centro un simulacro de incendio, tamén no patio.

Nesta ocasión participaban na actividade, tres axentes, unha técnica, dúas brigadas e unha motobomba.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver e cedidos.