SanidadeÚltima hora

Charla sobre a “lactación materna nos primeiros días”, o 28 de febreiro no Barco

Será impartida por Lorena Prada, enfermeira e IBCLC, e terá lugar ás 17:30h. no edificio da Biblioteca pública

Lorena Prada, durante unha charla sobre lactación materna./ Foto: A.R.

A Asociación De Nai a Nai organizará o vindeiro 28 de febreiro ás 17:30h. unha charla sobre lactación materna nos primeiros días. A sesión é de asistencia libre e gratuíta e tará lugar no edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras.

A relatora da charla será Lorena Prada Fernández, nai dunha nena e un neno aleitades, enfermeira e IBCLC. “Na charla falaremos das situacións coas que máis frecuentemente se atopan as nais cando chegan a casa co seu bebé, e explicaremos cales son normais e cales non o son, e que poden facer para superar cada unha delas. Derrubaremos mitos moi arraigados na nosa sociedade e resolveremos dúbidas”, adianta Prada.

Tras a charla establecerase un coloquio no que participarán tamén nais da asociación, que coas súas experiencias irán mostrando as claves da lactación nas primeiras semanas.

 

Artigos relacionados

Back to top button