SanidadeÚltima hora

Charla sobre extracción e conservación de leite materno, o 15 de maio no Barco

Está organizada por De Nai a Nai e a súa relatora será Antía Fernández

Antía Fernández, durante unha conferencia./ Foto: A.R.

 

O próximo día 15 de maio a Asociación De Nai a Nai organizará unha charla sobre extracción e conservación do leite materno. Estará impartida por Antía Fernández Gómez e terá lugar no local da entidade, no edificio da biblioteca pública do Barco, no 4º piso, ás 17:30h.

Nesta sesión a relatora aportará as claves para realizar unha extracción de leite de maneira óptima. “Ela é nai dunha nena e un neno, asesora de lactación e enfermeira en obstetricia. Falará sobre como realizar a extracción manual e sobre que cuestións debemos de ter en conta á hora de utilizar un sacaleites. Cantos días podemos manter o leite na neveira, ou como desconxelala, son cuestións que se repiten habitualmente ao falar deste tema. Tras finalizar a charla, haberá un coloquio onde outras nais compartirán a súa propia experiencia co fin de axudar ás mulleres que acudan en busca de información e ideas, para poder continuar aleitando durante a volta ao traballo, ou en calquera outra circunstancia pola que necesiten extraerse leite”, explica a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.

Así mesmo comentarase que existen diferentes situacións polas que unha nai decide extraerse leite, “poida que o seu bebé necesite ser suplementado por baixo peso ou por dificultades na succión, ou que a nai teña que ausentarse por calquera motivo. Sexa o caso que sexa, a nai vai necesitar apoio, e un bo manexo da extracción manual ou mediante sacaleites. Nesta charla poderá resolver todas as súas dúbidas sobre este tema ou calquera outro relacionado coa lactación”, indica Lorena Prada.

 

Artigos relacionados

Back to top button