A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organizará unha charla informativa sobre o novo Regulamento Verifactu o vindeiro luns 29 ás 16:00 horas na Casa Grande de Viloira (Praza Otero Pedrayo, 11, O Barco de Valdeorras). A sesión, de carácter práctico e cunha duración aproximada de hora e media, estará impartida por Xesta Asesoría Fiscal e Contable, especialistas en asesoramento a autónomos e pequenas empresas.
“O Regulamento Verifactu entrará en vigor o próximo ano e supoñerá un cambio substancial na maneira de facturar de autónomos e pemes. Coñecelo con antelación será clave para adaptarse e evitar problemas ou sancións”, adiantan dende a asociación.
Ao finalizar a sesión abrirase unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan resolver dúbidas concretas.

Un proxecto enmarcado en AEVAempregate VII
Esta actividade forma parte do programa AEVAempregate VII, financiado pola Deputación de Ourense, co obxectivo de mellorar a competitividade e a capacidade de adaptación de autónomos e pemes da comarca #ante os novos retos tecnolóxicos, fiscais e de xestión.
“Desde AEVA lembramos que este proxecto súmase a outras iniciativas que estamos a desenvolver dentro do mesmo programa, como o traballo colaborativo que se está levando a cabo entre os nosos asociados ao redor da intelixencia artificial, aplicada tanto á xestión empresarial como á comunicación e o márketing”, apunta esta organización.
Compromiso de AEVA coa innovación e o tecido empresarial
Coa organización desta charla e con proxectos como os mencionados, AEVA “reafirma o seu papel como entidade de referencia na dinamización económica de Valdeorras, achegando a empresas e profesionais as ferramentas necesarias para afrontar con éxito os cambios normativos e tecnolóxicos que marcarán o futuro”.
Charla informativa sobre o Regulamento Verifactu
📅 Lunes 29 de setembro
🕓 15:45 horas
📍 Casa Grande de Viloira, Praza Otero Pedrayo 11 – O Barco de Valdeorras
👉 Inscrición obrigatoria a través do formulario dispoñible na páxina web de AEVA: www.empresariosdevaldeorras.com