SanidadeÚltima hora

Charla sobre saúde bucodental en pacientes oncolóxicos, o 16 de novembro no Hospital de Valdeorras

A sesión correrá a cargo da hixienista Yolanda Fernández González, hixienista dental do Barco e da Rúa, e será no salón de actos do hospital

 

O salón de actos do Hospital Público de Valdeorras, no Barco, acollerá o vindeiro 16 de novembro unha charla sobre “Saúde bucodental en pacientes oncolóxicos”. A sesión comezará ás 16h.

Con esta actividade divulgativa búscase “mellorar o estado da cavidade oral, antes, durante e despois dos tratamentos de quimioterapia e radioterapia para, dese xeito, intentar mellorar a calidade de vida e paliar os efectos secundarios do tratamento”, tal e como adianta Yolanda Fernández.

 

Back to top button