SanidadeÚltima hora

Charla sobre “sexualidade na infancia e na adolescencia”, o 3 de xuño no Barco

A sesión, organizada pola Asociación De Nai a Nai, será impartida pola matrona e sexóloga Mirena Selecto

 

A Asociación De Nai a Nai, de apoio á lactación materna e a crianza respectuosa, organizará no Barco unha nova actividade en xuño. Trátase dunha charla na que se abordará a sexualidade na infancia e na adolescencia. Está prevista para o vindeiro sábado 3 de xuño, ás 11h, no local  da entidade, situado enriba da biblioteca pública do Barco, no 4 º andar.

“A sexualidade é unha calidade ligada ao ser humano, é unha parte de nós que inflúe de forma significativa na nosa forma de ser e de comunicarnos. Cada etapa da nosa vida está marcada por unhas características propias na sexualidade, coñecer cada unha delas, é básico para entender como nos comportamos as persoas, por iso queremos centrarnos nas etapas da infancia e a adolescencia, etapas con peculiaridades propias e onde a sexualidade moitas veces pode pasar inadvertida ou quedar silenciada e así poder comprender e entender mellor o que pasa esas idades”, sinala a matrona e sexóloga Mirena Selecto Soto, relatora desta charla.

Esta será a segunda vez na que colaborará coa asociación De Nai a Nai, xa que anteriormente se impartiu unha charla sobre sexo no posparto.

A entrada é gratuíta para socias e para o público hai un donativo de 5 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button