DeportesPescaÚltima hora

Chegan as primeiras capturas da xornada de pesca

 

Coa estrea da tempada de pesca neste domingo 17 de marzo chegan tamén as primeiras capturas de troita. Entre estas as destes dous mozos, Adrián Delgado e Emiliano Rodríguez, do barrio barquense de San Roque, que, antes das once da mañá, tiñan xa nas súas cestas dous exemplares de troita. Ambos eran capturados no río Sil, un deles no lado de Viloira e o outro nas proximidades da desembocadura do río Cigüeño, no Barco.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button