
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), e Antonio Puga, alcalde do municipio ourensán de Celanova, rubrican o convenio de colaboración que posibilitará as actuacións da fase III do saneamento integral do municipio.
“As actuacións consisten na mellora da rede de saneamento do núcleo de Mandrás e as conexións pendentes de Penalta e de Hermida á rede xeral municipal de Celanova, estas supoñen un investimento de 600.000 euros, sufragados en porcentaxe 95% por este organismo de conca e o 5% restante polo Concello”, explicou o presidente.
O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións para o saneamento nos núcleos de Mandrás, Penalta e Hermida en Celanova (Ourense)
“Estas actuacións mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas fluviais afectados polas deficiencias do saneamento actual” ha explicado o presidente.
“A colaboración entre Administracións é clave para avanzar en proxectos que melloren e preserven o medio ambiente, para un desenvolvemento máis sostible”, concluíu Quiroga.
