OurenseÚltima hora

CHMS e o Concello de Verea asinan un convenio que posibilita a execución das obras de mellora do saneamento

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e José Antonio Pérez Valado, alcalde de Verea, rubricaron o convenio de colaboración que posibilita o financiamento, execución e entrega das actuacións mellora do sistema de saneamento e depuración do municipio ourensán de Verea.

Neste momento existen 34 fosas sépticas conectadas aos seus respectivos sistemas cuxa situación técnica e administrativa é diversa; algunhas non contan con autorización de vertedura, outras dispoñen da mesma pero esta non se cumpre, ademais de problemas de funcionamento que provocan problemas de contaminación do medio acuático.

O proxecto consistirá na roza, limpeza, xestión de lodos e inspección de 34 fosas sépticas dispersas polo municipio, a redacción de proxecto de construción para a posta ao día e o acondicionamento das principais de entre elas, incluíndo, así mesmo, a documentación necesaria para a súa regularización administrativa.

O investimento necesario estímase en 300.000€, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo, que será sufragada nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo concello.

Artigos relacionados

Back to top button