
Cunha camareira moi peculiar se atopaban os clientes da Churrería A General, no Barco, na mañá deste venres 31 de outubro.
Rematando o mes, hoxe celébrase o Samaín e Renata sumouse á cita con este terrorífico disfraz. Tamén agasallaba aos nenos con chaveiros de fantasmas, e simpáticos personaxes.
