Nada mellor que tomar un bo chocolate quentiño con churros para coller enerxía e facer fronte ao frío. E así o facían as preto de 90 persoas que na fría tarde deste sábado 27 de decembro asistían á chocolatada que organizaban dende a Asociación As Cancelas.
Unha bonita e saborosa forma de celebrar o Nadal coa veciñanza na localidade barquense da Proba.




Fotos: Sandra García.