Cunha gran representación contaba o Club Adas Cupa do Barco na final Sub 14 e Sub16 da XLIII Copa Deputación de atletismo, que se celebraba na tarde deste 13 de xuño no Barco. Cubrían practicamente todas as probas da competición e lograban un excelente de resultado, chegando a sumar unha corenta medallas. Entre eles figuraban tres de equipo nos 4×80 masculino, onde vencían tanto na carreira feminina como na masculina; no 4×100 masculino onde o Adas era segundo e no feminino onde era terceiro.
Ademais, había participación de atletas das Escolas Deportivas de Trives, tamén con case media ducia podios, e do Club Atletismo Rúa cun segundo posto nos 80 m da man de Adrián Blanco.
Nesta galería de imaxes poden verse só algúns dos numerosos podios do Club Adas Cupa do Barco no provincial.
Fotos: A.R.
