
O XII Quiroga Trail Challenge supera novamente as expectativas de edicións anteriores e chega aos 1.300 rexistrados. A tan só dúas semanas da súa celebración e apurando os últimos detalles, os organizadores da proba amosan a súa “satisfacción e sorpresa” porque non esperaban superar os 1.200 rexistrados dos anos previos. “Pechamos o ano con 900 participantes, uns 50 más que na oúltima edición, feito que xa nos sorprendeu ao tratarse dunha moi boa cifra tendo en conta a cantidade de carreiras que hai actualmente. É o mellor sinal de que os corredores seguen confiando no QTC e isto ilusiónanos e anima a seguir adiante ultimando detalles ata os deías 28 de febreiro e 1 de marzo, datas da celebración do evento”.
Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas, destacan a importancia do incremento de participantes provintes de practicamente todas as comunidades autónomas do país, a excepción de Murcia, e con especial presenza de participantes de Madrid, Castela-León, Canarias, Baleares, País Vasco e Asturias. A participación internacional estará representada por corredores procedentes de Portugal, Alemaña e Estados Unidos.
Outros datos igualmente significativos son os incrementos nas porcentaxes de participación feminina, cun 30% que se alcanza también por primeira vez, e un 25% de corredores de fóra de Galicia. Igualmente repuntan as distancias curtas: a carreiriña, que se estreaba na pasada edición, con aumento de presenza entre os más xoves de 12 a 16 anos; e también a distancia do minitrail, cuns 400 rexistrados. Á súa vez, as dúas distancias ultra do sábado suman de novo uns 90 participantes, que por tratarse do temido e salvaxe territorio Lor son, sen dúbida, más que valentes.
“Son cifras moi satisfactorias, debido a que queremos dar a coñecer o tesouro que encerra o Xeoparque Montañas do Courel na súa totalidade: como contorna natural indiscutible e tamén cos seus pobos, xentes, cultura e gastronomía. Nesta edición cobra protagonismo unha parte do Xeoparque moi descoñecida: montaña do Lor, que non deixa a ninguén indiferente pola súa beleza e dureza. Que a carreira manteña, ano tras ano, os centos de corredores galegos que non dubidan en volver unha vez más e que xa sexa recoñecida tamén a nivel nacional énchenos de orgullo e satisfacción”, din Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores da organización.