A VeigaConcellosEn portadaEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Cinco fulións e nove coloridas comparsas desfilan pola Veiga neste Martes de Entroido

 

A chuvia volvía dar un respiro e baixo un resplandecente sol e agradable temperatura celebrábase o desfile de fulións e comparsas neste Martes de Entroido na Veiga.

 

 

Segundo o previsto e baixo a coordinación do Concello coa colaboración de Protección Civil e GES da Veiga, ás 12 horas deste martes 17 de febreiro comezaba o percorrido dende a zona escolar. Abría o desfile o Folión As Tablillas e despois desfilaban as comparsas (o Circo Sacamantas, o Entrudio zumbón, Non me coma-la ficha, Bosque Animado, Invasión Teletubbies, As Leñadoras, Loc@s, pero felices, Os Martirios e Esta merda botárona. E entre medias, o Fulión de Fornelos de Filloás, o Fulión de Chandrexa de Queixa e o Fulión de Penouta-Ramilo.

 

 

Coma sempre era o Fulión da Veiga quen pechaba a comitiva, guiado polos Charrelos, os Carneiros e os bois facendo vibrar ao público que se xuntaba na praza e ao longo da estrada central da vila.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button