En portadaÚltima hora

Cita coa “V Crianza Trevinca” na Veiga nesta fin de semana de 4 e 5 de outubro

Ademais de exposición de gando ovino, bovino e equino, haberá unha mostra de produtos alimentarios locais e artesanía, entre outras actividades

Imaxe dunha edición anterior de “Crianza Trevinca”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A quinta edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca “Crianza Trevinca” celebrarase no Coiñedo (A Veiga) os días 4 e 5 de outubro. O acto inaugural está previsto para a mañá do sábado 4 ás 12h.
Esta exposición, promovida polo Concello da Veiga, aposta por revalorizar e seguir impulsando a figura das persoas gandeiras, agricultoras e artesás.

Nesa fin de semana de “Crianza Trevinca” contarase, de xeito permanente, con exposición de gando ovino, bovino e equino. Ademais o público poderá percorrer unha mostra con postos de produtos alimentarios de proximidade, como mel, queixos, marmeladas, licores ou castañas; e tamén de artesanía. Realizaranse degustacións e catas con produtos con denominación de orixe ou certificado ecolóxico.

 

 

Non faltarán tampouco as actuacións musicais, as exposicións de labores tradicionais como a malla ou o augardente, as mostras de maquinaria agrícola e traballos agrícolas con gando, o xogo de bolos e concursos.

No recinto feiral haberá unha área infantil con xogos tradicionais e outra de restauración con establecementos hostaleiros da Veiga.

 

 

Back to top button